A profesora e escritora Guadalupe Vázquez estréase como escritora de libros de autoaxuda co asesoramento da súa homónima, a psicóloga Guadalupe López. A súa nova obra, titulada Son Relampo, no Monte do Pindo / Diario para sentirse mellor. I am Lightningbolt on Mt. Pindo / A feel better journal, é un diario bilingüe en galego e inglés pensado para que o lector adolescente ou adulto poida “desafiar o pensamento tóxico, fornecer a longanimidade – entendida como a capacidade dos seres humanos para adaptarse positivamente ás situacións adversas – e descubrir o que realmente importa na vida”, en palabras da autora.
Pola súa banda, Guadalupe López Canosa, especialista en psicoloxía clínica, engade que “a autora, a través dunha historia que volve a poñer en valor o noso territorio e as súas lendas, introduce diferentes actividades que levarán ao lector a coñecerse un pouco máis a si mesmo, a valorarse, a aceptarse, a buscar alternativas… en definitiva, a intentar mellorar a súa xestión emocional. Lupe amosa nesta obra a súa sensibilidade coa saúde mental, achegando o seu traballo e creatividade, dándolle visibilidade”. O diario conta co apoio da Asociación Monte Pindo e atópase xa á venda nas librarías da comarca.
Crédito: Link de origem



Comentários estão fechados.